Se a túa computadora apágase soa sen preguntarche, se aparecen estrañas ventás con texto que non entendes e toda clase de anuncios cando ti non os pediches, se son mandados correos a todos os teus contactos sen que o saibas, entón a túa computadora probablemente ten un virus e a principal razón para isto é que usas Windows.
É moi difícil que Linux teña algún virus. Dicir isto non quere dicir: “Non é moi común, xa sabes” senón que quere dicir: “Se ti algunha vez escoitas dun virus real en Linux, por favor avísame”. De feito, un virus en Linux non é imposible pero Linux fai que isto sexa ben difícil que pase, por varias razóns :
- A maioría de persoas usa Microsoft Windows e os delincuentes informáticos queren facer tanto dano (ou controlar tanto) como sexa posible: é por isto que eles apuntan os seus ataques a Windows. Pero contrariamente a isto, o servidor web Apache (un servidor web é un programa localizado nunha computadora remota que manda páxinas web ao teu buscador de internet cando pides por elas), que é software de código aberto, ten a maior cota de mercado (comparado cos servidores de Microsoft IIS) e sofre moito menos ataques/fallas que o de Microsoft.
- Linux usa unha xestión de autorización intelixente. En Windows ti (e calquera programa que instales) tes o dereito de facer case calquera cousa ao teu sistema. Se queres castigar ao teu PC porque simplemente deixou que o teu precioso traballo desaparecese, podes ir ao cartafol do sistema e borrar o que queiras : Windows non se vai a queixar. Por suposto que a próxima vez que reinicies empezarán os problemas. Agora pensa que se ti podes borrar estas cousas do sistema, outros programas poderán facelo tamén ou sinxelamente estragalo todo. Linux non permite iso. Cada vez que ti solicitas facer algo que ten que ver co sistema, un administrador de contrasinais aparecerá (e se ti non es un administrador deste sistema simplemente non poderás facelo porque non terás o contrasinal de administrador). Os virus non poden borrar ou modificar o que queiran no sistema: eles non terán a autorización para iso.
- Máis ollos fan menos fallas de seguridade. Linux é un software de código aberto, o que significa que calquera programador no mundo pode darlle unha mirada ao código fonte (a "receita" de todo programa) e botar unha man, ou simplemente dicirlle a outros deseñadores de programas "Oíches, que tal se *bla *bla, esta é unha falla de seguridade ?".
