Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Dálle á túa vella computadora unha segunda vida

Windows require cada vez computadoras máis e máis potentes mentres o número de versión sobe (95, 98, 2000, Xp, etc.). Entón se queres seguir usando Windows, necesitas comprar constantemente novas computadoras, pero non vexo ningunha boa razón para esa evolución tan rápida. Aínda que é certo que moitas persoas necesitan de computadoras poderosas e a nova tecnología e hardware axúdanos nisto, a maioría de usuarios simplemente navega por internet, le e escribe correos electrónicos, escribe textos ou fai diapositivas. Por que motivo van ter que comprar unha nova computadora cada 2, 3 ou 4 anos, como non sexa para facer que os vendedores de computadoras fagan máis diñeiro? Cal é a razón exacta de que a túa computadora non poda facer agora o que 5 anos atrás facía perfectamente ben?

Linux corre perfectamente ben en computadoras antigas, nas que Windows 7 rexeitaría ser instalado, ou te farí­a esperar 20 segundos despois de cada clic. De feito, Linux non vai facer un bólido da túa computadora de 12 anos de antigüidade, pero a fará funcionar moi ben e permitirache realizar ben as tarefas habituais (navegar por internet, escribir textos, etc.). Para pór un exemplo, a computadora que enviou esta páxina non é moi moderna e corre Linux: se podes ler isto, entón estará activa e funcionando (e se a páxina web carga lentamente, botalle a culpa só á miña conexión de internet).