Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Cando o sistema xa foi instalado, por que aínda necesitas instalar máis cousas?

Instalar Windows é só o inicio. Imaxina que acabas de instalar unha nova copia de Windows 7 e prepáraste para liberar as túas habilidades en computación. Un amigo mándache un correo-e cun arquivo PDF adxunto: upss... non tes un programa para lelo. Necesitas ir a internet, buscar un sitio web para baixar o Adobe Reader (ou outro visor de PDF), descargalo, instalalo, talvez ata necesites reiniciar. Bo, valeu, agora xa estás listo. Adxunto ao correo-e do teu amigo atopas un documento de texto "arquivo.doc". O teu Windows tampouco pode ler iso: maldición!! ou vas comprar unha copia de Microsoft Office ou simplemente descargas o OpenOffice pero aínda necesitas atopalo, descargalo (esperemos que teñas unha conexión de banda ancha), instalalo, etc. O teu amigo tamén che mandou unha imaxe pero ten un mal contraste, mala luminosidade e necesita unha boa redución. Entón podes ir neste instante e comprar Photoshop (cantos centos de €s máis é iso?) ou descargar o GIMP (este é o nome dun programa libre que pode facer case o mesmo que o Photoshop) e tamén tes que: buscalo, descargalo, instalalo, etc. É suficiente: chegas a unha conclusión, Windows está lonxe de ser completo e instalalo é só o comezo dos problemas.

Cando obtés unha distribución Linux (talles como Ubuntu, Mandriva, Fedora, etc., estes son diferentes "sabores" de Linux), tamén tes, sen instalar nada máis :

Simplemente puedes empezar a trabajar en seguida.