Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


A túa vida dixital parece fragmentada?

Se xa sabes o que é fragmentación e estás afeito a desfragmentar o teu disco cada certo tempo, aquí está a versión curta: Linux non necesita desfragmentación.

Se non sabes o que é, aquí tes unha boa explicación: imaxina que o teu disco duro é un armario xigantesco con millóns de caixóns (grazas a Roberto Di Cosmo por esta comparación). Cada caixón pode conter só unha cantidade predeterminada de información. Así, os arquivos que son máis grandes que o que os tales caixóns poden conter, necesitan ser divididos para que encaixen nestes. Algúns arquivos son tan longos que necesitan miles de caixóns e por suposto, acceder a estes caixóns é moito máis fácil cando os caixóns que ocupan están cerca uns doutros no armario.

Agora imaxina que es o dono deste armario pero non tes o tempo para estar ao tanto del, así que queres contratar a alguén para que o faga por ti. Dúas persoas solicitan o traballo, un home e unha muller.

Sen ningunha dúbida contratarías á muller (deberías sabelo, as mulleres son máis organizadas :) ). Ben, Windows usa o primeiro método e Linux usa o segundo. Mentres máis uses Windows, máis lento será acceder aos arquivos; mentres máis uses Linux, máis rápido será. Ti decides!