Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Liberdade!

Linux e as aplicacións de "Código Aberto" son "libres". Isto significa que a súa licenza é unha "licenza libre" e a máis común é a GPL (Licenza Pública Xeral). Esta licenza establece que calquera está autorizado para copialo, ver o código fonte (a "receita"), modificalo e redistribuílo a condición de que manteña a licenza GPL.

Entón preguntaraste: a min que me importa a liberdade? Ben, imaxina que mañá desaparece Microsoft (valeu, non é moi probable pero que tal en 5 anos, 10 anos?). Ou imaxina que de súpeto triplican o prezo das licenzas de Windows ou de Office?. Se estás atado a Windows non hai nada que poidas facer. Ti e/ou a túa empresa confían nesta única compañía, no seu software e posiblemente non poderías facer que as cousas traballen sen el (de que vale computadora sen un sistema operativo?). Seica non é un problema serio? Estás dependendo dunha soa compañía e lle confías de todo corazón algo tan importante nestes días como é o feito que as túas computadoras traballen do xeito que deberían. Se Microsoft decide aumentar o prezo 1000 € para a seguinte versión de Windows, non hai nada que poidas facer respecto diso (excepto cambiar a Linux, por suposto). Se Windows ten un erro que te molesta moitísimo e Microsoft non o vai a arranxar, non hai nada que poidas facer (e reportar os erros a Microsoft non é nada fácil, ver a sección de "Informe de erros").

A diferenza disto, co software de código aberto, se un proxecto ou unha empresa de soporte pecha, todo o código permanece aberto á comunidade e a xente pode seguir mellorándoo. Se este proxecto é especialmente útil para ti ata podes facelo ti mesmo. Se un erro en particular te molesta, podes inforalo, falar cos mesmos deseñadores do programa, ou pódelo arranxar por ti mesmo (ou contratar a alguén para que o faga) e mandar os cambios de volta aos deseñadores do programa para que todos teñan tamén as melloras. Ti es libre de facer (case) o que queiras co software.