Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Goza de soporte técnico gratis e ilimitado

Un dos grandes valores da comunidade de Código Aberto (e Linux en particular), é que é unha comunidade real. Usuarios e deseñadores de software realmente están aí, nos forums de internet, listas de correo, nas canles IRC, axudando aos novos usuarios. Eles están felices de ver que máis e máis persoas estanse cambiando a Linux, e moi contentos de axudar a estes novos usuarios a aprender a moverse no seu novo sistema operativo.

Entón, se hai algo que non entendes, un programa que non se comporta do xeito que ti esperas ou non atopas algunha opción, non dubides en preguntarlles. Se hai alguén próximo a ti (familiar? colega?) que está usando Linux, el ou ela van estar dispostos a axudarche. Ou simplemente entra en internet e atoparás literalmente miles de lugares onde xente amable vai responder e botar unha man para solucionar, a maioría parte das veces, os teus problemas: os fans de Linux de feito son xente amigable, se fas as túas preguntas educadamente. Tamén podes escribir "axuda linux" (ou substitúe "linux" pola distribución que escollas -- ver a sección de instalación) en Google e sen dúbida vas atopar todo o que necesites.