Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Por que Windows se fai máis lento cada día?

Windows ten un bo número de fallos de deseño, e como resultado se volve cada vez máis e máis lento e que non dura moito tempo. Probablemente escoitarías máis dunha vez dicir a alguén "a miña computadora estase pondo pregizosa, vou a reinstalar". Reinstalar Windows resolve o problema... ata a próxima vez.

Podes pensar que esta é o xeito como as computadoras traballan, son tecnoloxía moderna e aínda non son moi estables. Entón proba Linux e te sorprenderás. Dentro de 5 anos o teu sistema será tan rápido e eficiente como o día que o instalaches, sen mencionar que non vas ter ningún virus, adware, troiano, verme, etc., que te obrigue a reinstalar de todas as maneiras.

Puiden convencer a moitas persoas a que se cambiasen a Linux, deixando instalado Windows no seu disco duro porque necesitaban algún software que Linux non ten (ex Autocad), desde entón usaron ambos os sistemas. Desde o día que cambiaron, a maioría deles instalou Windows unha vez cada 1 ou 2 anos, pero Linux non lles defraudou e aínda está funcionando perfectamente ata o día de hoxe.

Linux déixache máis tempo para traballar sen ter que reinstalar unha e outra vez todo de novo.