Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Informe de Fallos

Se atopas un erro en Windows, basicamente debes esperar e rezar que Microsoft o arranxe rápido (e se este fallo compromete a seguridade do sistema vas ter que rezar o dobre de forte). Podes pensar que informar dese fallo a Microsoft debe ser fácil (e así eles o arranxarán máis rápido). Bo... pénsao de novo. Aquí hai un interesante artigo sobre isto. Que pasa se Microsoft nin sequera se decata dos fallos? Nese caso, teñamos esperanzas en que a próxima versión de Windows o arranxará (pero terás que pagar outros centos de euros).

Case todo o software de código aberto (incluíndo as distribucións Linux) ten un sistema de rastrexo de erros. Ti podes non só encher informes de fallos (e animámosche a facelo!) explicando cal é o problema, senón que tamén podes ver o que pasa logo: todo é aberto e transparente para todos. Responderante os desenvolvedores de software, tamén te poden pedir algo mais de información que lles axude a solucionar o erro. Saberás cando foi arranxado o fallo e como obter a nova versión (sempre gratis, non faltaba máis). Entón aquí tes persoas arranxando os teus problemas, manténdote informado e todo iso gratis!. Se o problema é resolto para o teu sistema, tamén o será para os sistemas dos demais: está no interese de todos traballar xuntos para facer un mellor software. Esta é o xeito en que traballa o código aberto.