Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Linux protexe a tua computadora.

Virus, troianos, adwares, programas espías... Windows deixa que todos estes entren á túa computadora moi doadamente. O tempo medio para que unha PC con Windows (conectada a internet e cun "Service Pack 2" instalado)se infecte é de 40 minutos.

Entón podes 1) instalar un firewall, 2) instalar un antivirus, 3) instalar un anti-adware, 4) desfacerte do Internet Explorer e Outlook (con Firefox e Thunderbird para substituílos), e 5) rezar para que os delincuentes informáticos non sexan o suficientemente listos para superar estas proteccións e que, se unha falla de seguridade é descuberta, Microsoft tome menos dun mes para facer que unha actualización estea dispoñible (e isto non pasa moi a miúdo). Ou podes instalar Linux e durmir profundamente de agora en diante.

Como xa dixemos na sección dos "virus", un software de código aberto (ex Linux) significa máis ollos para revisar o código. Cada programador no Planeta Terra pode baixar o código, darlle un mirada e ver se hai fallas de seguridade. Por outro outro lado, as únicas persoas permitidas para ver o código fonte de Windows (a súa "receita") son as persoas que traballan para Windows. Isto significa centos de miles de persoas (quizais millóns) contra uns poucos miles. E isto fai unha gran diferenza.

Pero de feito isto non é exactamente un asunto de cantas fallas un sistema ten, comparado cos outros. Se hai moitas fallas pero ninguén as descubriu aínda (incluíndo os delincuentes informáticos), ou hai unhas poucas (que non comprometan unha parte importante do sistema), os delincuentes informáticos non serán capaces de facer gran dano. É realmente un asunto de canto tarda unha falla de seguridade en ser resolta unha vez que sexa descuberta. Se unha falla de seguridade é descuberta nun programa de código aberto, calquera na comunidade de código aberto pode darlle unha mirada e resolvelo. A solución (e a actualización) adoita aparecer en poucos días, algunhas veces unhas poucas horas. Microsoft non ten tal man de obra e adoita liberar os parches de seguridade un mes despois que a falla sexa descuberta (e algunhas veces ata publicada): iso é máis que suficiente para que os delincuentes informáticos fagan os que queiran coa túa computadora.