Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


É inestable o teu sistema ?

Algunha vez perdiches o teu precioso traballo porque Windows se colgou ? Sempre apagas a túa computadora do xeito apropiado ou algunhas veces simplemente apágala porque Windows volveuse tolo e non te deixa facer nada máis ? Algunha vez apareceuche a "pantalla azul da morte" ou mensaxes de erro dicíndote que a túa computadora necesita ser apagada por razóns pouco claras ?

As últimas versións de Windows, especialmente as "Profesionais" estanse volvendo máis estables que antes. Pero esta clase de problemas aínda aparece moi a miúdo.

Ningún sistema operativo é perfecto e a xente que che di que o seu xamais se vai a colgar, nunca, está mentindo. Con todo, algúns sistemas operativos poden ser tan estables que a maioría de usuarios nunca o verán colgarse, ata en varios anos. Isto é certo para Linux. Hai un bo xeito de ver isto. Cando un sistema se colga, necesita ser apagado ou reiniciado. Se a túa computadora pode estar acesa e funcionando por un longo tempo, non importa canto a uses, entón podes dicir que o sistema é estable. Ben, Linux pode funcionar durante anos sen necesidade de ser reiniciado (a maioría de servidores de internet usan Linux e non adoitan reiniciarse, aínda que tamén son reiniciados cando fan actualizacións importantes (é o xeito apropiado). Se instalas Linux e logo usas o teu sistema tanto como queiras, deixando a túa computadora acendida todo o tempo, poderás seguir así durante anos sen ter ningún problema.

Seguramente non adoitas deixar acendida a túa computadora tanto tempo seguido, pero é unha demostración da estabilidade de Linux.