Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Aforra algo de enerxía: deixa que a túa computadora durma ou hiberne

Mentres a túa computadora está durmindo non podes usala, pero está consumindo moi pouca enerxía, e podes espertala se presionas calquera tecla ou fas clic co rato.

Por suposto, Linux déixache facer isto pero tamén te deixa pór a "hibernar" a túa computadora. Hibernar é parecido a durmir pero sen usar nada de enerxía: pódela ata desconectar, non vai facerlle ningún dano. Isto é especialmente útil para o portatil: cando necesites movelo a algún lugar, só pono a hibernar, desconéctao e cando lle deas enerxía de novo atoparás as cousas tal e como as deixaches.

Entón non necesitas "reiniciar" a túa computadora de novo!. Sabendo que Linux é ben estable e poucas veces necesita reiniciar, podes iniciala só unha vez, logo pola a hibernar, espertala, hibernar, espertala, etc.