Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Moitas ventás? Usa as áreas de traballo

Quen nunca foi usuario de Windows hai algo que non pode entender: unha vez que abren o procesador de textos, navegador web, cliente de correo, cliente de mensaxería instantánea e algunhas fiestras para explorar os seus arquivos, como fan os usuarios de Windows para non perderse nesta desorde?

Áreas de traballo é unha aplicación que nunca cambiaría por nada. Probablemente só teñas unha pantalla, non? Proba Linux e terás catro. Non poderás ver as catro ao mesmo tempo, pero isto non importa xa que os teus ollos non poden ver en dúas direccións ao mesmo tempo, non?. Imaxina que na primeira pantalla pomos o teu procesador de textos, na segunda o teu cliente de mensaxería instantánea e na terceira o teu navegador web. Entón cando esteas usando o teu procesador de textos e queiras revisar algo en internet, non necesitarás buscar o teu navegador web entre todas as túas ventás apiladas unhas detrás doutras. Só cambiarás á túa terceira ventá e alí estará.

Dálle unha mirada á seguinte pantalla, e pon especial atención á parte inferior dereita:

Ese é o "cambiador de áreas de traballo". Podes ver que ten catro pantallas (virtuais), pero podes ter máis (eu uso 12, pero algunhas persoas teñen máis). A que está á esquerda está resaltada: é a que estou usando. Para cambiar a outra, só clic na que queiras (en cada unha delas podes ver unha pequena mostra das ventás que contén: neste caso, as outras tres están baleiras), ou tamén podes usar unha combinación de teclas que ti escollas.