Business Week 
Image
Business Week Image

Por que é mellor Linux?


Por que copiar software ilegalmente se o podes ter gratis?

Entón, estás perfectamente limpo, *cof, cof* compraches unha licenza para todo o software que usaches algunha vez *cof, cof, cof* e ninguén pode molestarte por isto?. Se ese é o teu caso, felicitacións :)

Con todo, sexamos honestos, para a maioría de persoas ter software ilegal é moi común. Copiar Adobe Photoshop no canto de compralo probablemente non che dá pesadelos. Pero estás seguro que nunca terás problemas por iso? Non tan seguro, huh... os creadores de software están progresando e atopando máis e máis xeitos de rastrexar a donos ilegais, e desde que máis e máis persoas tenden a ter conexións (permanentes) de banda larga, eles poden engadir unha función en liña no software que vai controlar e verificar a túa copia cada vez que o uses.

Se usas Linux e instalas software libre, non vas ter que preocuparte por isto nunca máis! A maioría do software libre é gratis. Podes atopar substitucións libres para a maioría do software comercial que hai por aí. Poderán carecer dalgunhas das funcionalidades avanzadas pero serán máis que suficientes para a maioría de persoas. Aquí hai unha lista dalgúns software comerciais e os seus equivalentes de software de código aberto:

Comercial Código Aberto Existe en Windows?
Adobe Illustrator (~$500) Inkscape
Adobe InDesign (~$700) Scribus
Adobe Photoshop (~$600) The GIMP
Adobe Premiere (~$800) Pitivi, Kino, Cinelerra Non
Adobe Reader (free) Evince, Kpdf, GV
Apple iTunes (free) AmaroK, Rhythmbox, Banshee
Autodesk Autocad (~$4000) FreeCad
Autodesk 3ds Max (~$3500) Blender
Autodesk Maya (~$7000) Blender
Bittorrent (free) Transmission
Cubase (~$500) Ardour Non
Kazaa (free) aMule, eMule
Microsoft Excel (~$200) LibreOffice Spreadsheet
Microsoft Internet Explorer (free) Firefox, Chrome, Konqueror
Microsoft Office (~$400) LibreOffice
Microsoft Windows Mail (free) Thunderbird, Evolution, KMail, Geary
Microsoft Powerpoint (~$200) LibreOffice Presentation
Microsoft Windows Media Player (free) Mplayer, VLC, Totem, Kaffeine, Xine
Microsoft Word (~$200) LibreOffice Word Processor
Microsoft Windows Messenger (free) Pidgin, Kopete, aMSN
Nero (~$100) Brasero, K3b Non
Pro Tools (~$600) Ardour Non
Quark XPress (~$800) Scribus
QuickTime Player (free) Mplayer, VLC, Totem, Kaffeine, Xine
Winamp (free) AmaroK, Rhythmbox, Banshee Non


Drawing by Michel Cambon